Sunday 05 de May de 2024

Convocadas as axudas ó transporte para o estudantado pobrense no curso académico 2021-2022


Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha liña de axudas económicas para o estudantado pobrense no relativo ao desprazamento a centros de ensino no curso académico 2021-2022. A contía total destinada a estas achegas establécese nos 7500 euros. O importe máximo para cada persoa beneficiaria oscila entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ó centro de estudos.

A Administración local pretende así colaborar economicamente coas familias de menor renda para a realización de estudos oficiais, empregando esta liña de axudas.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), neste 10 de decembro.

As persoas que concorran deben de cumpri-los requisitos que se detallan na convocatoria e poderán ser beneficiarias as/os estudantes que estean realizando algún dos seguintes estudos: ensinos universitarios adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de máster; ensinos universitarios conducentes ós títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre/a, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ó máster, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinos da formación profesional; ensinos da educación especial; ou bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes.

A convocatoria das ditas axudas está publicada na páxina web do Concello, ademais de se indica-la documentación que se debe presentar.